CONCURSO MARCAPÁXINAS OFICIAL
MARCAPÁXINAS OFICIAL DA BIBLIOTECA DO IES A SARDIÑEIRA
A biblioteca escolar do IES A Sardiñeira convoca un concurso para elixir o Marcapáxinas Oficial da Bilioteca, coas seguintes BASES de obrigado cumprimento:
1. PARTICIPANTES -Poderá participar calquera alumno ou alumna de 1º, 2º, 3º ou 4º da ESO do IES A Sardiñeira. Cada participante poderá presentar un máximo de dous traballos.
2. CARACTERÍSTICAS -Deseño dun marcapáxinas coas seguintes características: -A temática será libre, preferentemente relacionada cos libros, a literatura e a lectura. -Técnica libre, preferentemente a cor. -Terá unha medida aproximada de 12x4 cm. -Conterá os textos “Biblioteca A Sardiñeira” e “visita ou noso Instagram @bibliosardi”.
3. PRESENTACIÓN -Os traballos entregaranse en cartolina ou folio, cos debuxos nunha cara e os datos persoais na outra cara.
Os datos persoais son: nome, apelidos, curso e grupo.
As obras serán recollidas polo Equipo de Biblioteca na propia Biblioteca nos seus horarios de atención habituais.
4. PRAZOS -O prazo de entrega será ata o 19 de novembro. O fallo do xurado darase a coñecer antes de que finalice o primeiro trimestre.
5. CRITERIOS DE VALORACIÓN:
-Creatividade.
-Orixinalidade.
-Calidade artística.
-Adaptabilidade a calquera soporte de difusión.
6. XURADO -O xurado estará composto pola Vicedirectora, tres membros do Equipo da Biblioteca e a Xefa do Departamento de Debuxo. A decisión do xurado será pública, definitiva e inapelable.
7. PREMIOS:
-Un primeiro premio, que consistirá nun cheque por valor de 50€ trocable en librerías próximas ao Instituto. Á súa vez, este traballo será seleccionado como Marcapáxinas Oficial da Biblioteca.
-Un segundo premio, que consistirá nun cheque por valor de 25€ trocable en librerías próximas ao Instituto.
-Todos os traballos presentados formarán parte dunha exposición na propia Biblioteca.